![]()
PONTEVEDRA> A nacionalista adiantou que a súa formación traballará pola creación de emprego e o benestar social dos galegos.
{flowplayer}images/salnes/CANDIDATOS_BNG_PONTEVEDRA_XERAIS2011.flv{/flowplayer}
Crear emprego e promover medidas que garantan o benestar dos galegos. Estes son os obxectivos que se marcan no BNG de Pontevedra de acadar representación nas Cortes Xerais o vindeiro 20 de novembro. Aseguran que son a única alternativa dos galegos para facerse oír en Madrid.
‘Son as eleccións máis importantes dos últimos tempos’, di o alcalde capitalino, Miguel Anxo Fernández Lores, e a elas presentan como cabeza de lista por Pontevedra a Olaia Fernández Davila. Tamén ela ten un guión claro sobre o papel do BNG en Madrid: defender o tecido socioeconómico galego e frear os recortes en servizos básicos.
Entre as alternativas que irán presentando en campaña, adiantan que loitarán por que se suban os impostos ás rendas máis altas e levar a cabo unha reforma fiscal que redistribúa igualitariamente os recursos entre a poboación. Unha liña na que tamén incidiu o voceiro nacional da formación, Guillerme Vázquez, presente esta mañá en Pontevedra.
Redacción Salnés








