Novembro será o mes do teatro na Pobra

    POBRA> “Porca Miseria”, os monólogos musicais do humorista Boquete, abrirán a terceira edición de Festear, a Mostra de Teatro e Artes Escénicas da Pobra. Ó longo do mes de novembro, durante as fins de semana, o Teatro Cine Elma acollerá agrupacións teatrais de tódalas provincias galegas.

     

     Do 4 ó 27 de novembro pasarán polas táboas do teatro pobrense ata nove compañías representando obras para tódolos gustos e tódalas idades. Pero ademais das funcións teatrais, a terceira edición do Festearte ofrecerános tamén outras actividades. Como novidade nesta ocasión, os organizadores decidiron estender tódalas actividades ó longo do mes, e presentalas durante as fins de semana. A suba de telón será xa este venres, coa presentación do festival, e a primeira función. Tódalas obras serán no Teatro Cine Elma da Pobra e a entrada é de balde.