As demandas dos funcionarios de xustiza volverán ó pleno

    funcionariosxulgadosfole copia.jpg VILAGARCÍA> Unha representación da xunta de persoal reuniuse co alcalde Tomás Fole, quen considera razonable a petición do cuarto xulgado e máis traballadores.

    {flowplayer}images/salnes/funcionarios_villa.flv{/flowplayer}

    As demandas dos funcionarios de xustiza de Vilagarcía volverán ó pleno municipal. Unha representación da xunta de persoal mantivo esta mañá unha breve reunión co alcalde Tomás Fole, quen considera razonable a reivindicación destes traballadores.

    Os funcionarios xudiciais volveron a concentrarse esta mañá diante do xulgado de Vilagarcía. Insisten na necesidade dun cuarto xulgado ou, no seu defecto, o reforzo de persoal para acabar coa sobrecarga de traballo das tres salas actuais. Este colectivo xa recibiu o apoio unánime do pleno de Vilagarcía na pasada lexislatura na súa demanda do cuarto xulgado.

    Redacción Salnés