RIBADUMIA> Un local especializado en Branchs e onde as mascotas son atendidas ao igual que os seus donos. Isto é posible grazas ao novo hotel O Noso Fogar. Un establecemento renovado de Ribadumia que ademais de ter unha carta novidosa tamén prepara as habitacións e as comidas ao gusto das mascotas que acompañen aos seus donos.
No concello de Ribadumia, concretamente en Barrantes abriu este verán o hotel O Noso Fogar. Un establecemento que ademais de aloxamentos ten servizo de restaurante. A súa carta é moi variada con produtos novidosos, un deles pouco común na nosa contorna é o brunch.
Marta decidiu abrir o local e especializarse en brunchs ao comprobar que os hábitos da xente mudaron dende a pandemia.
Ademais completou a oferta do restaurante con unha carta variada e novidosa.
Ademais do restaurante, o hotel tamén escapa do que estamos acostumados. Xa que no Noso Fogar as mascotas son acollidas ao igual que os seus donos.
O hotel dispón de 17 habitacións e cada unha delas pode adaptarse se hóspede trasnoita con mascota. Ademais os animais tamén poden acceder ao restaurante e gozar do seu prato.
A acollida do Noso Fogar está sendo moi boa, especialmente polos peregrinos da variante espiritual.
Polo de agora o restaurante non colle reservas pero quen queira gozar da súa carta, e facelo coas súas mascotas, pode achegarse ata a rúa Valle Inclán de Ribadumia.