Éxito das IV Xornadas de Construción Naval en Madeira

    xornadasagalcari.jpgBOIRO> A actividade foi organizada pola Asociación Galega de Carpintería de Ribeira, Agalcari e nela contouse coa presenza da conselleira do Mar.

    {flowplayer}barbanza/xornadasagalcari.flv{/flowplayer}

    Un bo número de persoas participaron este sábado na casa de cultura boiresa nas cuartas xornadas de construción naval en madeira organizadas por Agalcari. Durante toda a mañá foron numerosos os poñentes que destacaron a importancia deste sector da construción naval en madeira, non só polo seu papel patrimonial no pasado, senón tamén como actividade de futuro, coa aposta polas novas ferramentas e materias. Entre os asistentes a estas xornadas atopábase a propia conselleira do Mar, Rosa Quintana, que foi ademais a encargada de clausuralas. Na súa intervención enxalzou a construción naval en madeira como unha actividade de futuro, que conxuga o saber, a tradición e os coñecementos técnicos precisos para os mundos de hoxe.

    Merecida homenaxe

    A entidade que preside Xerardo Triñanes aproveitou tamén a celebración destas cuartas xornadas, para entregar o segundo Premio Fasquía, a través do cal se recoñece o labor e a traxectoria dos mestres carpinteiros de ribeira. Nesta ocasión o galardón recaeu no boirés Moncho Places, pertencente a unha das familias de profesionais deste sector referentes na comarca.

    Redacción Barbanza