Exipto xa dispón dun renovado e moderno parque infantil

    BOIRO> O novo recinto de xogos súmase á ampla oferta detse tipo de espazos de lecer cos que conta este concello como é o caso do da Praza de Galicia, o de Bealo, o de Esteiro ou o de Subuqueiro, entre outros. Atendendo ás queixas dos propios veciños de Exipto, que se queixaban do mal estado no que se atopaba o espazo de xogo, o executivo boirense levou a cabo unha importante actuación no parque infantil existente neste núcleo da parroquia de Abanqueiro. A obra, presupostada nuns 48 mil euros, foi posible grazas a unha subvención da consellería de Presidencia que aportou o 75% do custe total da actuación, sendo a cantidade restante asumida polas propias arcas municipais. O alcalde, Xoán Xosé Dieste, valorou satisfactoriamente o resultado da actuación, realizada pola empresa local Oziona. Tan só había que mirar para as caras dos pequenos como disfrutaban dos novos xogos. Atrás quedaba xa esa imaxe dun vello e degradado parque infantil.