Tourís insiste: non haberá outro mestre pero estudan ampliar o IES

    tourisilla2 copia.jpg A ILLA> Esta semana ou a que vén o delegado da Xunta en Pontevedra citará ó alcalde para avaliar o estudo  sobre a necesidade ou non de acometer a obra.

    {flowplayer}images/salnes/VISITA_TOURIS_ILLA171011.flv{/flowplayer}

    O delegado territorial da Xunta en Pontevedra achegouse esta mañá á Illa non para visitar o Instituto de Ensinanza Secundaria que tantos quebradeiros de cabeza lle está a dar a Educación, senón para supervisar unhas obras financiadas polo goberno autonómico. Pero a referencia á situación do centro era inevitable. Ata unha pancarta próxima á obra llo recordaba. Á pregunta de se o grupo parlamentario do PP vai acceder a ver o centro como fixo a semana pasada a nacionalista Carme Adán e fará mañá o socialista Guillermo Meijón, Tourís dixo que, se os convidan, non teñen por que non ir.

    Tourís insistiu en que a Xunta non concederá un mestre máis a media xornada. Pero o que si se está a estudar é a posible ampliación do centro. A semana que vén ou a seguinte chamará ó alcalde para expoñerlle os resultados dese informe. Unha reunión á que non se prevé citar nin á ANPA nin á dirección do centro, xa que de acometerse algunha obra, a solicitude de terreos e outros trámites deberán ser tratados co concello.

    Mellora da rúa Viña Tinta 

    Tourís realizaba estas declaracións logo de supervisar a reforma do pavimentado na rúa Viña Tinta. A obra está incluída no Plan de Emerxencias de Infraestruturas Rurais, e permitiu mellorar o firme desta estrada que comunica as principais vías do municipio: a Avenida da Ponte e a nova estrada do Xufre.

    Redacción Salnés