Felipe VI chama a ‘construír sobre o bo conseguido en democracia’ dende A Toxa

O GROVE> Dende hoxe e ata o sábado, a Illa da Toxa, no concello do Grove, convértese no epicentro da reflexión académica, intelectual e política de España. Esta tarde inaugurouse o Foro La Toja-Vínculo Atlántico nun acto encabezado polo rei Felipe VI, acompañado polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. Os expresidentes Felipe González e Mariano Rajoy e o presidente en funcións Pedro Sánchez, tamén pasarán polo foro.

Invitar á reflexión académica, intelectual e política. Este é o obxectivo do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, unha cita que converte dende hoxe e ata o sábado á pequena illa meca no foco de todas as miradas. Esta tarde foi a posta de longo, nun acto de inauguración presidido polo rei Felipe VI.

Dende A Toxa, o monarca fixo un chamamento a construír sobre o bo conseguido en democracia para conseguir avanzar.

Felipe VI estivo acompañado polo presidente da Xunta de Galicia. Na súa intervención, Alberto Núñez Feijóo defendeu a centralidade e a estabilidade como o binomio para garantir cambios tranquilos, evolucións progresivas e avances acompasados coa sociedade.

No marco do Foro La Toja-Vínculo Atlántico pasarán pola illa persoeiros como os expresidentes Felipe González e Mariano Rajoy ou o presidente de Inditex Pablo Isla. A clausura estará encabezada polo titular do goberno en funcións Pedro Sánchez.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí