CIG e CCOO, enfrontadas a pesar do acordo na folga do metal

    SALNÉS > A folga do metal da os últimos coletazos. A pesar de que o venres se retomaba a actividade e se daba por definitivamente rematada a folga, os cruces de acusacións entre os sindicatos non remataron aínda. CIG defendíase das acusacións vertidas por algúns membros de Comisións Obreiras sobre o seu papel nesta folga ó mesmo tempo que anunciaba a absolución de Rosa Abuín polo xuízo de faltas no que foi acusada de picarlle as rodas á furgoneta dun empresario.

    Satisfacción para a acusada e para o propio sindicato pola absolución de Rosa Abuín no xuízo rápido que se celebrou esta semana e no que estaba acusada dunha falta de coaccións. Satisfacción por ese lado pero preocupación por parte da CIG no primeiro día de traballo trala fin da folga do metal pola coacción que están a vivir os traballadores dunha das empresas do sector.

    Polo momento teñen solicitada xa unha entrevista coa inspección de traballo para que se vixíe este tema e se tomen as medidas oportunas. Sobre a problemática que están a vivir CIG e CCOO despois de que Comisións os acusara de buscar un afán de protagonismo ó precipitarse dando unha asemblea trala sinatura do preacordo, a CIG desmentiu ter ido por libre. E asegurou non entender as críticas sobre o acordo ó que se chegou.

    Redacción Salnés