A reforma da cuberta atrasa a obra da Cultural e aumenta os custes

    sociedadeculturalcambados copia.jpg CAMBADOS> Solucionado este problema e a colocación do sistema de aire, os técnicos calculan que a rehabilitación estará lista a finais de novembro.

    {flowplayer}images/salnes/VISITA_SOCIEDADE_CULTURAL.flv{/flowplayer}

    A finais de novembro. É a data que baralla o equipo técnico da obra para que a rehabilitación do edificio da Sociedade Cultural de Cambados estea concluida. A toma de decisión sobre cal era a mellor opción para reformar o teito atrasou algo máis do previsto a actuación. Buscábase dar maior amplitude ó salón superior.

    Outro dos factores que ralentizou a obra foi determinar a situación dos equipos de aire acondicionado. Decidiuse trasladalos do andar inferior ó superior para poder ampliar así os aseos. Cambios todos eles que obrigaron á Deputación de Pontevedra a facer un reaxuste orzamentario.

    Desde a Sociedade Cultural e o concello xa barallan a firma de convenios para que este espazo poida ser aproveitado por tódolos cambadeses, realizando alí diversas actividades culturais.

    Redacción Salnés