As palmeiras da praza de Alfredo Brañas de Cambados poderían ter as horas contadas

CAMBADOS> As palmeiras da praza de Alfredo Brañas de Cambados poderían te-las horas contadas. O Concello está a a examina-los dous exemplares despois de que nas últimas horas unha póla de grandes dimensións caese sobre un cliente que estaba a tomar algo na terraza dun bar. Un toldo amortiguou o golpe. Aínda así, o home foi trasladado ao centro de saúde da vila. Presenta feridas leves. As palmeiras poderían sufrir algunha enfermidade que faría imposible salvalas.

Todo quedou nun susto, pero puido ser unha traxedia. A caída dunha póla dunha destas palmeiras da Praza de Alfredo Brañas de Cambados, deixa unha persoa con feridas leves. A vítima estaba a tomar algo nun das concorridas terrazas desta zona. Tivo a sorte de que un toldo amortiguou a caída da póla, evitando males maiores.

O home foi atendido onte á tarde no centro de saúde cambadés, ao tempo que os servizo de emerxencia, para evitar males maiores, procedían a desaloxa-las terrazas que poderían sufrir novas caídas deste tipo. A zona continúa hoxe acordoada.

Técnicos municipais encargáronse de revisa-lo exemplar ao longo desta xornada. Pero podería estar afectada por outra enfermidade, como a outra palmeira desta mesma praza que caeu por mor do temporal. Tamén presentaba problemas: a parte do tronco con vida era moi reducido, por tratarse de exemplares moi vellos.

Trala caída dun dos exemplares, o Concello podería tala-las dúas que quedan en pé. Cun guindastre, revisarase a parte alta e, se así o determinan os expertos, estes símbolos desta histórica praza cambadesa, poderían te-las horas contadas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí