Cambados, Meis e Ribadumia participan nun Plan de Igualdade de Oportunidades en O Salnés

    CAMBADOS> Cambados formará parte xunto con Ribadumia e Meis, do primeiro Plan de Igualdade de Oportunidades, que se organiza dende o Centro de Información a Muller da Mancomunidade de O Salnés. O primeiro Plan Integrado de Igualdade de Oportunidades englobará a tres concellos; Meis, Ribadumia e Cambados. Este último presentou esta mañá en rolda de prensa este proxecto. O que se pretende con esta acción é que se poña en valor o papel das mulleres na sociedade e se corrixan as desigualdades existentes no día a día. O programa que xa está en activo agrupa unha serie de obradoiros, charlas e xornadas, así como tamén cursos formativos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/29/plan_integral_igualdade_cambados_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/29/plan_integral_igualdade_cambados.mp4{/flowplayer}