Avanzan a bo ritmo as obras de renovación do paseo do Muíño da Seca

CAMBADOS> Avanzan a bo ritmo as obras de renovación das pontes e pasarelas do muíño da seca de Cambados. O cambio do mobiliario, tamén permite realizar tarefas de mantemento e saneamento naquelas zonas nas que sería máis complicado realizalo en condicións normais. O concello correu co custo dos materiais cuxo orzamento superou os 10 mil euros.

O paseo da seca verá renovado por completo as súas pontes e pasarelas grazas ao traballo do obradoiro de emprego de Cambados. O alumnado estase encargando desta obra de mellora cuxo avance é considerable.

A obra tamén permite realizar tarefas de limpeza e mantemento que en condicións normais serían complicadas de realizar.

Dende o concello e a escola taller destacan o bo traballo que está realizando o alumnado do obradoiro de emprego.

Os proxectos que realiza o alumnado da escola taller corren a cargo dos fondos da xunta de Galicia pero os materiais son financiados polo concello. Nesta ocasión, os materiais de renovación tiveron un custo de máis de 10 mil euros. A previsión é que a obra se remate en dúas semanas.