Máis control á entrada de vehículos de reparto ó casco antigo noiés

accesotraficocasconoia.jpgNOIA> A medida posta en marcha a primeiros de outubro non está a dar os froitos agardados polo comportamento incívico de moitos condutores.

{flowplayer}barbanza/accesotraficocasconoia.flv{/flowplayer}

Cando aínda non se leva nin un mes dende a posta en marcha desta medida, que prohíbe a entrada de vehículos de reparto ó casco histórico, unha vella demanda dos comerciantes, o concello noiés valora de xeito desigual a iniciativa, debido fundamentalmente ó comportamento incívico de moitos condutores que non respectan as restriccións efectuadas.

Cumprimento normativa

Por esta razón dende o concello fan un chamamento para que cumpran as normas establecidas de cara a preservar o actual casco histórico noiés. Algo que podería pasar tamén por pechar definitivamente a entrada de vehículos á zona, agora en fase de estudo.

Redacción Barbanza