O Museo da Conserva da Illa estrea caldeira de biomasa

    ILLA> O Museo da Conserva na Illa conta cunha nova caldeira de biomasa. Unha instalación que contamina menos e permite un maior aforro no consumo. O alcalde da vila, Carlos Iglesias recibiu o delegado da Xunta en Pontevedra para amosarlle esta nova equipamento que foi financiada entre a administración local e a autonómica. O Museo da Conserva na Illa de Arousa ten unha caldeira de biomasa. Unha nova instalación que permitirá aforrar en consumo e contaminar menos, así o sinalaba este luns o alcalde la Illa, Carlos Iglesias. Esta intervención foi posible grazas a unha achega solicitada polo consistorio ao Instituto Enerxético de Galicia superior aos 21.000 euros, a través dunha liña de axudas para equipamentos térmicos de biomasa. Unha liña de axudas que aínda está aberta, tal e como explicou o delegado da Xunta en Pontevedra na Illa. O alcalde da vila amosou a Cores Touris o novo equipamento no transcurso dunha visita na que tamén estivo presente o xefe territorial de Economía, Emprego e Industria na provincia, Ignacio Rial. Sinalar que no 2016 concellos do Salnés como Cambados ou Meis tamén fixeron uso desta achega autonómica. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/17/touris_caldeira_biomasa_illa_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/17/touris_caldeira_biomasa_illa.mp4{/flowplayer}