Préstamo de 3,5 millóns de euros a Sanxenxo para mercar terreos en Vilalonga para vivenda pública

SANXENXO>  A Xunta abordará en Sanxenxo un novo Proxecto de Interese Autonómico para impulsar en Vilalonga a construción de  350 vivendas, a maioría protexidas. A conselleira de Vivenda e e o alcalde asinaron este martes a concesión dun préstamo do Fondo de Cooperación da Xunta por importe de 3,5 millóns de euros. Cantidade que lle permitirá ao concello adquirir os terreos, a maioría propiedade da Sareb, para cederlle logo ao goberno galego.

A Xunta e o concello de Sanxenxo puxeron sobre a mesa o primeiro paso para o impulso de máis vivenda pública no municipio. Este martes a Conselleira de Infraestruturas e o alcalde asinaron a concesión dun préstamo do Fondo de Cooperación da Xunta por importe de 3,5 millóns de euros, co que o concello procederá á compra duns terreos en Vilalonga.

Con este préstamo sen xuros o concello mercará 80.000 metros cadrados en Vilalonga, que na súa maior parte son propiedade da Sareb. Logo cederá a súa titularidade á Xunta para que o goberno galego tramite o novo Proxecto de Interese Autonómico.

A previsión é que o PIA quede aprobado este mesmo co obxectivo de que en 2028 estea en marcha a urbanización e edificación.

A conselleira e o alcalde destacaron  a colaboración en materia de vivenda, despois dos acordos acadados para a cesión de solos en Noalla e Sanxenxo para a construción de vivenda pública.

En Noalla construiranse 25 vivendas de promoción pública, mentres que na parcela da rúa das Cunchas a previsión é construir 40 vivendas, que se destinarán ao alugueiro a menores de 36 anos.