Al traballadoras de Alfageme volverán a mobilizarse

    fotoalfagemecopia.jpgSALNÉS> Un novo retraso na solución do conflito da conserveira Alfageme volve a desatar o enfado entre as traballadoras.

    {flowplayer}images/salnes/ReaccionsAlfageme.flv{/flowplayer}

    Esta mañá tanto a Cig como Comisións Obreiras mantiveron reunións coa plantilla para trasladarlles as novidades. A Audiencia Provincial ven de dar unha nova marxe de tempo ós administradores concursais para presentar máis documentación. Unha nova marxe, trinta días, que para sindicatos e traballadores son outra pedra nun camiño que xa ata o de agora viu sendo bastante complicado. E que se complica máis aínda co anuncio feito pola empresa El Consorcio, a posibilidade de retirar a súa oferta se a finais deste mes non se solucionan as cousas.

    Nesto coinciden tamén dende Comisións Obreiras e é que, segundo din, se a Xunta executase os trinta millóns de euros que ten en avais de créditos á empresa podería converterse en acredor, o que lle permitiría tomar parte no futuro da fábrica. Pero en lugar desto, a Xunta ven de informarlles de que non executará eses avais ata que a sentencia non sexa firme, e isto non poderá producirse, tendo en conta os recursos que os Lago, propietarios da conserveira teñen interpostos. Para comisións obreiras esta dilatación do proceso non ten sentido.

    Así as cousas a petición dos sindicatos o luns celebrarase na Xunta, en Pontevedra, unha xuntanza que reunirá ós propios sindicatos, coa Xunta, ós bancos, ó comprador (El Consorcio) e ós administradores xudiciais, co fin de buscar unha solución ó conflito.

    Dende a Cig elaborarán ademais un calendario para mobilizarse ó longo da campaña electoral e Comisións tamén pensa xa en preparar mobilizacións se a reunión non da resultado.

    Reaccións Salnés

    Comments are closed.