A Xunta de Galicia investirá 17 millóns de euros na construción dunha senda de Pontevedra a Sanxenxo

SANXENXO> A xunta de Galicia creará unha senda peonil e ciclista entre Pontevedra e Sanxenxo. O presidente da xunta anunciou o proxecto que terá un investimento de 17 millóns de euro. A senda complementará as que xa existen no concello de Sanxenxo como a que percorreu hoxe Feijoo entre a Lanzada e Portonovo.

Todo o litoral costeiro dende o concello de Sanxenxo ata Pontevedra quedará unido por unha senda peonil e ciclista. Así o anunciou o presidente da Xunta de Galicia na súa visita ao novo camiño da Lanzada. Núñez Feijoo adiantou que o proxecto que unirá Sanxenxo e Pontevedra terá un custo de 17 millóns de euros.

O presidente fixo o anuncio na súa visita a nova senda que une a Lanzada e Portonovo. Un proxecto que contou coa colaboración das consellerías de infraestruturas e de medio ambiente. Feijoo destacou a seguridade e beleza paisaxística do novo sendeiro.

Para o alcalde de Sanxenxo, estas melloras permiten que a vila atraia a visitantes de todo o mundo.

As melloras na estrada PO 308 compleméntase con beirarrúas e beiravías máis amplas, zonas de aparcamento, glorietas e iluminación para garantir a seguridade tanto dos peóns como dos ciclistas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí