O BNG súmase ó clamor veciñal en contra de ‘Calizas Mariñas’

    bngboirocalizasmarinhas.jpgBOIRO> Dende a formación frentista demándaselle ó executivo a busca dunha solución urxente ós problemas de malos olores e vertidos desta factoría.

    {flowplayer}barbanza/bngboirocalizasmarinhas.flv{/flowplayer}

    De seguro estase a converter no tema máis polémico do que vai da actual lexislatura e co que o executivo parece atragoarse. Se antes eran os socialistas os que lle pedían explicacións ó equipo de goberno por esta asunto, agora o que sae á palestra é o grupo municipal do BNG. Consideran dende esta formación política que o goberno municipal non está a mirar polos intereses dos veciños que son os que nomeadamente están a denunciar os incumprimentos desta empresa.

    Paralización aínda vixente

    Os membros do BNG sinalan que a empresa está a incumprir unha orde de paralización da actividade, decretada polo anterior goberno bipartito, que segue a día de hoxe aínda vixente.

    Medidas reivindicativas

    O BNG ten previsto solidarizarse cos veciños afectados por esta situación, levando a cabo diversas accións de protesta, como poden ser mobilizacións, recollida de sinaturas ou mesmo a presentación de iniciativas tanto a nivel municipal como parlamentario reclamando a urxente solución a este problema.

    Redacción Barbanza