As colareiras do Grove reciben un recoñecemento a súa labor

    O GROVE> As Colareiras do Grove foron hoxe o centro dunha homenaxe á súa labor senlleira. Os gobernos autonómico, provincial e municipal…

    {flowplayer}images/salnes/documental_collareiras_grove.flv{/flowplayer}

    … uníronse para recoñecer a labor artesanal destas traballadoras que, as máis das veces, é máis valorado polos turistas que polos lugareños.

    Estas tarefas manuais son merecentes, segundo as autoridades presentes entre elas a Directora Xeral de Comercio, Nava Castro, dun marchamo de calidade como é artesanía de Galicia. Unha marca da Xunta de Galicia que está a súa disposición.

    Este identificativo de calidade leva consigo á aportación de packaging específico, a publicitación dos seus productos e mesmo a súa disposición en feiras e exposición de venda directa. Xa son cinco as colareiras que solicitaron incluírse neste listado da Consellería de Economía e Industria, e a partir da homenaxe de hoxe agárdase que sexan moitas máis.

    Redacción Salnés