Catro partidos procuran un Goberno alternativo ao PP en Cambados

    As nove deste martes comezou no Parador de Cambados unha xuntanza que pode ser decisiva para a configuración do futuro de goberno municipal.

    Os catro grupos políticos distintos do Partido Popular tentan poñer en común os seus programas para tentar un pacto cuatripartito. O futuro do concello de Cambados está no aire, a once días de que se constitúa o novo Goberno municipal. Por un lado, o Partido Popular defenden que quedaron a un só edil da maioría absoluta, e din que iso debe pesar. Polo outro lado, os restantes catro partidos que acadaron representantes traballan na procura dun goberno alternativo. Din que queren aire fresco no despacho do rexedor, logo de 28 anos de mandato popular. De momento, xa houbo contactos previos e pecharon para esta noite unha xuntanza a catro, que pode resultar decisiva para ve-la viabilidade dun cuatripartito. Mentres, o alcalde en funcións agarda acontecementos. As novas forzas do concello, Somos Cambados e Cambados Pode tamén prefiren non comentar nada aínda. Os días vindeiros, serán intensos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/02/cambados.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/02/negociacions_cambados.mp4{/flowplayer}