Os estudantes de Caldas amosan os seus inventos na rúa para celebrar a semana das ciencias

CALDAS> O concello de Caldas celebra a semana da ciencia cos seus centros escolares. Durante dous días, nenos e nenas expoñen na Avenida Román López os inventos que crearon nos últimos meses. A iniciativa permite achegar a ciencia aos máis pequenos.

Durante a mañá de hoxe e a de mañá, a avenida Román López de Caldas convértese nun pequeno museo de ciencias. Os inventos son creados polos propios alumnos dos centros escolares da vila, que durante meses estiveron preparándose para celebrar a semana da ciencia.

A actividade permite achegar o campo da ciencia aos máis pequenos.

Ademais de expoñer os seus inventos, os nenos e nenas tamén explican aos visitantes en que consisten as súas creacións e como funcionan.

Os mestres sinalan como claves do éxito desta iniciativa que os máis pequenos expliquen os seus traballos, o que demostra os coñecementos adquiridos.

Nas creacións participan nenos e nenas de todas as idades, dende os 4 ata os 16 anos. Os inventos volverán a estar de novo expostos ao público no día de mañá de 9 a 12 e media.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí