Valga ‘motoriza’ a compostaxe no municipio cun camión e un furgón con remolque

VALGA> Valga avanza na compostaxe dos residuos orgánicos. O concello recibiu esta mañá da un camión con guindastre e un furgón con remolque para o servizo de compostaxe. Foron financiados polo Concello e a Deputación no marco do Plan Revitaliza. Na localidade, polo de agora, creáronse tres centros de compostaxe comunitaria e repartíronse máis de 900 composteiros individuais.

A implantación da compostaxe en Valga avanza a bo ritmo. Hoxe, o proxecto deu un paso máis, coa chegada de dous novos vehículos: un camión con guindastre e un furgón con remolque. Foron cofinanciados polo Concello e a Deputación provincial no marco do Plan Revitaliza. O investimento foi de 100.000 euros.

O camión permitirá o traslado da máquina trituradora de biomasa que o Concello adquiriu tamén ao abeiro deste plan. Ademais, este vehículo empregarase para o traslado do material estruturante.

Na localidade están xa a pleno rendemento tres centros de compostaxe como este. Tamén se repartiron máis de 900 composteiros individuais.

Bello Maneiro amosouse convencido de que tanto o Concello coma os veciños conseguirán sacarlle partido ao Plan Revitaliza. Polo de agora, a súa implantación, está a ter unha moi boa acollida, malia tratarse dunha localidade eminentemente rural.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí