Os barcos de Zona Aberta non resisten ós actos vandálicos

    VILAGARCÍA> Estes elementos, que teñen por obxectivo promocionalo comercio e incentivalas ventas, apareceron onte tirados na Praza de Galicia.

    {flowplayer}images/salnes/VANDALISMO_BARCOS_A_RUA.flv{/flowplayer}

    Despois de percorrelos concellos de Cambados e Sanxenxo, a mediados da semana pasado estes barcos, enmarcados dentro da campaña promocional ‘Barcos á rúa’, chegaban a Vilagarcía. As 16 pezas repartidas pola vila e que compoñen a mostra non resistiron á acción dos vándalos na primeira fin de semana.

    Na rúa, os propios veciños criticaron a desfeita que fixeron nestes elementos decorativos. Algúns mesmo consideran que tiñan que pór seguridade para salvagardalos.

    A Presidenta de Zona Aberta destacou que mesmo tiñan que haberse colocado antes de Santa Rita pero polo desenvolvemento das festas decidiron retrasala instalación. Pero, matizou, non se trata só de actos vandálicos xa que en ocasións os máis cativos os empregan como elementos de xogo.

    Nos vindeiros días, a asociación mandará os barcos a reparar co fin de que estean en perfecto estado no momento de envialos ó seguinte concello, Meaño.

    Redacción Salnés