O executivo ribeirense procederá á mellora da rúa Vella en Palmeira

    RIBEIRA> O goberno local informou da adxudicación dunha nova actuación consistente na pavimentación e renovación de servizos na rúa Vella, en Palmeira. A empresa que resultou mellor clasificada no proceso de licitación foi Construcciones Oñial, SL., cunha oferta por importe de preto dos cincuenta e cinco mil euros. na actualidade esta rúa presenta un trazado irregular con numerosos socavóns, que dificultan o tránsito tanto de peóns coma de vehículos. Ademais aproveitarase a actuación para proceder tamén á renovación de servizos. O prazo de execución dos traballos será de tres meses.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí