Boiro abre o proceso selectivo para cubrir tres prazas na Policía Local

BOIRO> O prazo de presentación de solicitudes estará aberto por un período de 20 días hábiles logo da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

O Concello de Boiro abre a convocatoria para a provisión en propiedade de tres prazas de Policía Local na modalidade de funcionario de carreira, correspondentes á Oferta de Emprego Público do Concello do ano 2019. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto por un período de 20 días hábiles logo da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

O modelo de solicitude e as bases xa están a disposición das persoas interesadas na web municipal e na portaría da Casa Consistorial. Toda a documentación requirida deberá presentarse a través da sede electrónica do Concello ou do rexistro xeral, aberto de luns a venres en horario de 9:00 a 13:30 horas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí