Calvo compromete novas axudas para a residencia de AMICOS

    diegocalvoamicos100.jpgRIBEIRA> O presidente da Deputación visitou o centro ocupacional de AMICOS para coñecer o proxecto da residencia que se está a acometer en Boiro.

    {flowplayer}barbanza/diegocalvoamicos.flv{/flowplayer}

    Pouco a pouco, o soño da directiva de AMICOS de construír un centro integral de atención ás persoas con discapacidade vai tomando forma. Grazas ás subvencións das distintas administracións xa se atopan moi avanzadas as obras de primeira fase da residencia, no lugar de Comoxo, en Boiro.

    A intención é poder poñela en servizo a primeiros do próximo ano cunha oferta inicial de dezaoito prazas.

    Centro integral

    Pero o proxecto promovido por AMICOS e executado pola súa propia empresa de inserción laboral pretende ir moito máis alá. Ademais da unidade residencial, que nun futuro contaría con máis prazas, pretendese dotar dun centro ocupacional, cociña e comedor e centro de día e rehabilitación.

    Para acometer este ambicioso proxecto son necesarios moitos fondos polo que dende AMICOS piden seguir contando co apoio das administracións. Apoio que, durante a súa visita, volveu comprometer o presidente da Deputación.

    Nesta primeira fase, a Deputación subvencionou máis do sesenta por cento do orzamento de execución cunha partida de catrocentos mil euros.

    Redacción Barbanza