Un incendio na noite San Xoán mata por axfisia a oito becerros

    animaismortos1_100_260606.jpgSALNÉS > A noite de San Xoan é aproveitada por algúns para facer algunha trasnada que outra, polo que non está exenta de incidentes. Pero este San Xoán foi se cabe un dos máis dramáticos. En Ribadumia un incendio, que todo apunta a que foi intencionado, acabou coa vida de oito becerros nun granxa de Sisán. E en Cambados un grupo de mozos calcinou o aparello dun barco do cerco cunha bengala.

    Estas foron as fatais consecuencias dun incendio declarado na madrugada do venres ó sábado nunha nave agrícola de Sisán, en Ribadumia. Oito becerros que se atopaban no interior morreron por axifia e ademais a estructura do inmoble quedou parcialmente calcinada. Todo isto acarrexa importantes perdas económicas para o seu propietario, o gandeiro Luis Fontán. Un veciño da zona que volvía de traballar sobre as cinco e media da mañá foi quen deu a voz de alarma. Primeiro os propietarios trataron de apagar o lume e despois recibiron o apoio de protección civil de Ribadumia e dos Bombeiros do Salnés, que estiveron ata as nove da mañá para extinguir as lapas. Os primeiros indicios apuntan a que o intencio foi intencionado, posto que na anve non había ningún cable de corriente que puidese provocar un cortocircuito e ademais, o lume iniciouse na parte de atrás da nave. O dono estima as perdas económicas en máis de doce mil euros e xa interpuxo denuncia na Garda Civil.

    redesqueimadas_200_260606.jpgO lume tamén causou estragos no aparello dun barco de cerco atracado no peirao de San Tomé, en Cambados. Na noite de San Xoán un grupo de alomenos tres menores, de entre 12 e 13 anos, entraron nun contedor de materiais de pesca onde atoparon varias bengalas. Ó manipulalas unha delas disparouse impactando contra o aparello do barco. No lugar dos feitos estivo unha patrulla da policía local que sofocou as lapas. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais pero o aparello quedou totalmente queimado. O dono do barco, Luis Somoza, presentou denuncia ante a Garda Civil e estima as perdas en 10 mil euros.

    Redacción Salnés