Falece unha moza de Boiro nun accidente de circulación en Caldas

    accidentecaldas copia.jpg CALDAS> A rapaza, L.M.V., circulaba cara Catoira cando ó parecer, se saíu nunha curva batendo contra outro turismo que viña en dirección contraria.

    {flowplayer}images/salnes/ACCIDENTE_CALDAS_271011.flv{/flowplayer}

    Este é o estado no que quedaron os dous vehículos implicados no sinistro. Un Skoda Fabia que conducía a boirense que resultou falecida, e un Peugeot 308 no que circulaba outra moza que responde ás iniciais S.V.J. En principio ferida leve. O accidente aconteceu na estrada que vai de Catoira a Caldas, á altura do punto quilométrico 4.5, na parroquia de Carracedo. Ó parecer o Skoda baixaba cara Catoira mentres que o Peugeot circulaba en sentido contrario dirección Caldas. As primeiras hipóteses apuntan a que a ocupante do Skoda, finalmente falecida, perdeu o control do vehículo ó tomar unha curva batendo frontolateralmete co Peugeot.

    Tarefas que resultaron infructuosas e ás que se sumou o equipo médico desprazado no helicóptero 112 con base en Santiago que se desprazou ó lugar. A rapaza falecida tiña 26 anos e era veciña da parroquia de Abanqueiro, no concello de Boiro. A ocupante do Peugeot foi evacuada en ambulancia con prognóstico leve. Ademais dos bombeiros de Vilagarcía, participaron no operativo axentes da Garda Civil e voluntarios de Protección Civil de Caldas.

    Redacción Salnés