A comisión de festas de Exipto volve poñer en valor a música tradicional cunha foliada popular

BOIRO> A Comisión de Festas de Exipto celebra este sábado 10 de maio unha foliada tradicional na contorna do Centro Social de Abanqueiro. A actividade, coa que colabora o Concello, arrancará ás sete e media da tarde.

Tralo éxito da primeira edición, celebrada o pasado ano, a Comisión de Festas de Exipto repite este sábado na contorna do centro social de Abanqueiro coa foliada tradicional. A actividade, que arrancará ás sete e media da tarde, contará coa participación de Xilbarbeira, Ar de Loureda, Vai de Roda, Estóupele, os de Abanqueiro, A Dorniña e Os da Boina.

Ademais do serán tradicional, para o fin de festa contarán coas DJ’s Maruxa e Coralia. A organización repartirá bocadillos de luras entre tódolos asistentes co obxectivo de bater o récord do pasado ano.

Dende o Concello agradeceron a implicación da Comisión de Festas por continuar con esta festa que pon en valor a nosa tradición máis popular.