Arde un turismo na autovía do Barbanza

BOIRO> Efectivos do parque de bombeiros de Boiro participaron esta tarde nun operativo de emerxencia por incendio de vehículo na autovía do Barbanza, á altura de Lampón, no concello de Boiro.

Por causas polo de agora descoñecidas, o turismo que circulaba en dirección a Padrón, comezou a arder. Foi o propio condutor o que alertou ao 112. A pesar da rápida intervención dos equipos de Emerxencias, o coche víase moi afectado, principalmente na súa parte dianteira. O sinistro obrigou a cortar temporalmente un dos carrís da autovía mentres se levaron a cabo as labores de retirada do vehículo e a limpeza da vía.

Ademáis dos bombeiros participaron no operativo garda civil de tráfico, protección civil e personal da empresa de mantemento da propia autovía.

Por fortuna non houbo que lamentar daños persoais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí