![]()
CAMBADOS> A Corporación Municipal ven Cambados ven de aprobar en pleno de xeito unánime apoiar ás 150 traballadoras da empresa…
{flowplayer}images/salnes/pleno_cambados_alfageme.flv{/flowplayer}
… Alfageme, exercendo presión ante a Xunta de Galicia para que execute os avais, cos que garantir que a oferta de compra do Grupo Conserveiro cántabro El Consorcio se poida facer efectivo. A moción foi presentada a modo de urxencia polo BNG. Esta moción foi aprobada polos tres grupos da corporación, co apuntamento do PP de que debería térselle entregado antes esta información posto que é un tema de interese e especial sensibilidade para tódolos grupos.
Este apoio total do pleno cambadés escenificouse nun pleno no que se deixou intervir á representante das traballadoras da conserveira, a sindicalista da CIG Rosa Abuín, quen pediu un apoio comprometido para salvar estes postos de emprego nesta comarca tan castigada polo paro.
O pleno desenvolveuse sen incidencias aínda que ca peculiaridade de que as traballadoras do grupo Conserveiro Alfageme se concentraron diante do Concello cando estaba a piques de comezar a sesión plenaria. Así, mediante unha mobilización pacífica, volvían a pedir pancarta en man e por enésima vez, que es apoiasen na súa loita pola recuperación do seu posto de emprego.
Redacción Salnés









