Aparece o corpo sen vida dunha muller na praia muradá de Reimunde

MUROS> Á espera da realización da autopsia, todo apunta a que se trata da moza de Oleiros desaparecida hai uns días, cuxa familia denunciara a súa falta.

O corpo foi atopado ó redor das catro e media da tarde de onte por un veciño da zona que paseaba nese momento polo areal.

Unhas horas antes de atopar o cadáver, noutra praia próxima foi encontrada unha documentación. Todo apunta que se trata da mesma persoa. Unha muller de 33 anos veciña de Oleiros, cuxa desaparición fora denunciada hai uns días pola súa familia.

A espera da confirmación dese dato, unha vez practicada a autopsia, a Garda Civil xa abriu unha investigación para tratar de aclarar todo o acontecido.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí