Reclaman a reparación urxente da cuberta do Praia Xardín

    anpamelloraspraiaxardin.jpgBOIRO> Trátase dunha vella reivindicación da ANPA que agora cobra de novo actualidade debido ós temporais que provocaron a caída de numerosas tellas.

    {flowplayer}barbanza/anpamelloraspraiaxardin.flv{/flowplayer}

    Non é un tema novo, dende hai tempo a ANPA do colexio Praia Xardín vén reclamando unha actuación urxente integral no edificio, que veña por fin ás numerosas carencias que presenta, debido fundamentalmente á súa antigüidade. Un dos maiores problemas preséntaos precisamente a cuberta do centro, en moi mal estado. Os últimos temporais provocaron a caída de numerosas tellas, o que supón un serio perigo para todos.

    Promesa incumprida

    Dende a propia ANPA asegúrase que existe un compromiso da anterior delegada de Educación para executar a reforma da cuberta que polo de agora aínda non se cumpriu. Ademais tiveron que botar man dos propios recursos do centro para facer fronte ó cambio das fiestras.

    Posible mobilización

    Dende a asociación de pais e nais alúdese a que se Educación non atende agora de xeito urxente a súa solicitude non descartarán emprender outro tipo de actos reivindicativos, entre os que se atopan unha posible mobilización.

    Redacción Barbanza