AHITUVI ofrece varios cursos formativos para profesionais da hostalería

    VILAGARCIA> A Asociación de Hostalería e Iniciativas Turísticas de Vilagarcia presentou esta tarde dous cursos: un de xestión e organización de eventos e outro…

    {flowplayer}images/salnes/curso_maitre_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    … de maître ou xefe de sala.Con eles AHITUVI pretende formar profesionais máis capacitados para cubrir a demanda de calidade existente no sector servicios da zona.

    Estes cursos, e o de cata de viños e sumiller que comezará nuns días, están a ser impartidos de balde pola academia local Elisa, grazas ó apoio da antedita asociación patronal. A el acoden traballadores ou demandantes de emprego do sector servicios da comarca, que queren así optimizar as súas posibilidades laborais.

    Con este complemento formativo, procúrase tamén un obxectivo social: o de dignificar esta profesión que supón un dos alicerces da nosa economía, principalmente na época estival e tempadas festivas.

    Redacción Salnés