A XXIII Festa da Raia de Portonovo quenta motores esta fin de semana

    SANXENXO> Portonovo xa está preparar a súa xa tradicional Festa da Raia. Nesta ocasión, a edición XXIII trae consigo un coidado programa de actividades coas que, a bo seguro, os de Portonovo conseguirán promocionar o seu produto estrela a última fin de semana de este mes de abril.
    A última fin de semana de este mes, de abril, teñen unha cita gastronómica en Portonovo. A XXIII edición da Festa da Raia, chega un ano máis para facer as delicias de este pescado a todos aqueles que se acheguen a lonxa do municipio os vindeiros días 28 e 29.
    O coidado programa de actividades deseñado inclúe dende degustacións, showcookings, obradoiros ou un circuíto de mountain bikes son só algunhas dos reclamos que trae este ano a Festa da Raia. A degustación estará aberta dende o día 28 e nela poderán probarse diferentes variedades de raia a prezos populares que oscilan entre os 4 e os 7 euros.
    O Club de Xubilados recibirá nesta ocasión a Raia de Ouro, en recoñecemento a súa labor e colaboración coa vida social da vila durante o seu cuarto de século de existencia. Pero tomen nota, que mentres que non chega a última fin de semana de abril, poden ir abrindo boca coa iniciativa “Pincho e raia”, na que 12 locais de Portonovo abrirán boca coas súas tapas de raias a 2 euros, durante este sábado e domingo.