En marcha a quinta edición do proxecto EcoNoia

NOIA> Máis de 200 mariscadores, administracións e entidades pesqueiras e ambientais participan na quinta edición de EcoNoia. Ademais de varias xornadas de limpeza na costa, o proxecto inclúe a edición dun manual para reducir o lixo na ría e un taller de arte reutilizando os residuos mariños.

Xa está en marcha a quinta edición do programa EcoNoia que prevé de dúas xonradas de limpeza de residuos mariños e unha de recollida de argazo.

Ademais destas limpezas que se desenvolverán durante o próximo ano estanse a desenvolver diversas actividades de sensibilización e divulgación. Entre elas a edición dun manual para reducir o lixo mariño recollendo a experiencia reunida ó longo das catro edicións anteriores nas que se desenvolveron preto de 30 limpezas. Tamén se levarán a cabo uns obradoiros de reciclaxe para converter en arte os residuos recollidos no mar.

O proxecto conta coa colaboración de diversas entidades do sector así como Xunta de Galicia e os concellos de Noia e Outes, dada a gran importancia da ría non só a nivel medioambiental senón como motor económico da comarca.