RIBEIRA> Ribeira volverá acoller a Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico. Será entre o 14 e o 16 de xuño na Praza de España. Nesta quinta edición incorpora importantes novidades.
O salón do automóbil Híbrido e Eléctrico abrirá as súas portas o 14 de xuño na praza de España de Ribeira. Durante tres xornadas, e en horario ininterrompido de 11 da mañá a 8 da tarde, os visitantes poderán coñecer as últimas novidades do sector.
Nesta cuarta edición participarán 14 marcas ás que Lexus se incorpora por primeira vez. Entre as novidades destacan tamén os sorteos, tanto dunha fin de semana cun coche eléctrico, como dun vale de 600 euros para gastar nos concesionarios participantes.
Dende o concello quixeron agradecer a aposta da asociación de empresarios por dar a coñecer os vehículos eléctricos fomentando así unha alternativa de mobilidade verde.
Ademais da administración local, tamén colaboran na organización da feira a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia.











