![]()
VILANOVA> O presidente da Mancomunidade acusa de mentireiro ó edil do BNG da Illa, Carlos Otero, por dicir que se sobe a auga para pagarlle o seu salario.
{flowplayer}images/salnes/gonzalo_taxas_mancomunidade.flv{/flowplayer}
VILANOVA> O presidente da Mancomunidade do Salnés acusa de mentireiro ó edil do BNG da Illa, Carlos Otero, por dicir que se sobe a auga para pagarlle o seu salario.
Precisamente onte a suba do recibo da auga foi ó pleno da Illa e o que alí pasou foi moi paradóxico. O PSOE, que ten pensado recorrer a proposta da Mancomunidade, acabou aprobando esa subida e só cos seus votos a favor.
O edil do BNG na Illa dixo en pleno que a Mancomunidade do Salnés propón subir o recibo da auga para pagarlle o salario ó presidente Gonzalo Durán. Unha insinuación que tamén fixo con anterioridade o voceiro do PSOE de Cambados, Rafael Blanco. O rexedor vilanovés négao e esixe unha desculpa pública, sobre todo de parte do edil nacionalista da Illa, Carlos Otero, quen é ademais membro do pleno da Mancomunidade.
Aclarado este asunto, Durán arremeteu contra o alcalde da Illa, Manuel Vázquez, polo acontecido no pleno de onte á noite. O PSOE tiña pensado votar en contra, respectando o que fixera na Mancomunidade, pero ó final votou a favor para que a taxa saíra adiante, nun acto de responsabilidade. E é que o BNG mantivo a súa abstención e o PP tamén se abstivo. O voceiro Juan José González indicou que na Illa se sobe 5 céntimos o recibo da auga e non 3 como marca a Mancomunidade. Gonzalo Durán considera que o goberno local da Illa ten afán recaudatorio.
Gonzalo Durán indicou que, de momento, o PSOE non recorreu a medida na Mancomunidade como tiña previsto.
Redacción Salnés









