BARRO> Ao redor das seis da tarde saltaba a voz de alarma. Dous particulares chamaban ao 112 para avisar do incendio, alertados pola densa columna de fume que se podía ver dende a estrada xeral.
O incendio declarouse nunha nave industrial de xestión de refugallos dedicada á reciclaxe de colchóns, ubicada no polígono de Sequeiros, en Barro, moi preto da ITV de Curro. Despois, as lapas propagáronse a unha construción contigua, que acolle un aserradoiro. Ata o lugar desprazáronse efectivos de bombeiros de Pontevedra e do Salnés, así como a Garda Civil, Protección Civil de Barro e o 061.
A pesares do aparatoso do incendio, non houbo que lamentar danos persoais.