VILAGARCÍA> Satisfeita quedou a directiva do Club de Remo Vilaxoán pola boa acollida que tivo onte a cuarta edición da Festa do Porquiño á brasa.
{flowplayer}images/salnes/porquino_brasa_vilaxoan_2011.flv{/flowplayer}
VILAGARCÍA> Satisfeita quedou a directiva do Club de Remo Vilaxoán pola boa acollida que tivo onte a cuarta edición da Festa do Porquiño á brasa, que celebraron fronte á praia do Preguntoiro.
Venderon case 700 das 800 racións que tiñan preparadas, o que lles permite salvar os gastos. Seis cociñeiros do Fogar do Espeto de Moraña, contratados polo Club de Remo, encargáronse de asar os cincuenta porquiños, duns doce quilos cada un.
Na festa tamén se venderon camisetas, gorras e participacións de lotería. E todo para recadar fondos con destino ás actividades do Club de Remo Vilaxoán, que conta con 122 licencias deportivas.
Redacción Salnés