Os 24 horas piden recuperar o seu horario pola venda de produtos de primeira necesidade

VILAGARCÍA> Un dos sectores máis afectados polo novo toque de queda son os 24 horas. As restricións limitan o horario destes establecementos ata a 1 da mañá ao vender produtos de primeira necesidade. Dende o sector sinalan que o horario nocturno é a súa principal fonte de ingresos.

O toque de queda imposto polo goberno central restrinxe a mobilidade nocturna entre as 00 da media noite e as 6 da mañá. Con esta limitación un dos sectores máis afectados é dos 24 horas que ve reducido o seu horario nunha das franxas con máis vendas.

Ao pechar todos os establecementos, os 24 horas eran os únicos locais para comprar unha ampla variedade de produtos. A limitación horaria deixa aos establecementos sen unha das súas principais fontes de ingresos.

A limitación de peche nos 24 horas está marcada para a 1 da mañá debido a venda de produtos de primeira necesidade.

Dende Begui sinalan que o seu establecemento é seguro e que cumpre con todas as medidas impostas por sanidade como desinfectantes, limitación da ocupación, obrigatoriedade de máscaras e distanciamento. Por elo piden ás administracións que lles deixen recuperar o seu horario e manter a venda nocturna de produtos de primeira necesidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí