![]()
VILANOVA> Continúa a polémica entre os alcaldes da Illa e de Vilanova por mor das taxas da auga aprobadas no último pleno illense…
{flowplayer}images/salnes/gonzalo_duran_07112011.flv{/flowplayer}
… e as declaracións verquidas polo alcalde Illense sobre o destino que ían a ter estes cartos. Agora é o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, o que desminte categoricamente que Vilanova adebede os 20.000 euros de auga que dixo Manuel Vázquez.
Durán cualificou de bufonada ou broma de campaña electoral esta mentira do alcalde Illense. Ó tempo asegurou que estas declaracións á desesperada de Vázquez se debían a mala gana ca que está a exercer de Alcalde logo de perder as eleccións, tal e como se pon de manifesto na súa fuxida cara ó Congreso. Amais, cargou as tintas contra a xestión do seu homónimo do outro lado da Ponte, rescatando un problema de solvencia que este Concello arrastraba desde o 2008, que estaba intentando encubrir cunha suba de impostos encuberta.
Este actual Presidente da Mancomunidade do Salnés apunta, ó final, que aínda queda moito que dicir sobre Villa PSOE, ameaza en que ese pose ser o seguinte capítulo desta polémica.
Redacción Salnés







