A FGCN pide que se extreme a vixilancia sobre Miñanco e plantexa cambios nas leis

    VILAGARCÍA> Tristura, preocupación e inquedanza. Así resumen dende a Fundación Galega contra o Narcotráfico a súa reacción ante a decisión do xuíz de excarcerar ao narco Sito Miñanco. A organización advirte que a medida abre feridas aínda non pechadas, e pide que se revise a lei para impedir que este tipo de delincuentes poidan beneficiarse destes permisos penitenciarios.

    Que o narcotraficante Sito Miñanco poida saír do cárcere cada día, preocupa á Fundación Galega contra o Narcotráfico.

    Para a Fundación, 30 anos son insuficientes para pechar estas feridas. Por iso, valoran positivamente que o xuíz prohibira a Miñanco volver a Galicia.

    Recordan que o capo cambadés xa aproveitara unha liberdade condicional para volver delinquir, cando no ano 2001 fora detido intentando introducir cinco toneladas de cocaína en Galicia. Por iso reclaman que o suposto arrepentimento de Miñanco que recolle o auto sexa efectivo.

    Tampouco convence o argumento principal que pesou na decisión do xuíz. Supostamente, o narco atopou un traballo en Valladolid, nunha empresa de construción.

    Grazas a este contrato, Miñanco poderá saír cada día da prisión, agás as fins de semana. Uns beneficios que recolle a lei, pero que dende a Fundación cren que se deberían limitar nalgúns casos.

    Segundo o propio xuíz, este sería o paso previo a conceder ao histórico narco cambadés o terceiro grao, que lle permitiría ir a prisión só a durmir. Así as cousas, dende a Fundación agardan outros procesos pendentes de Miñanco, relacionados principalmente co branqueo de capitais.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/16/excarceracion_sito_minanco.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/16/excarceracion_sito_minanco.mp4{/flowplayer}