Arranca unha nova edición do Outono Micolóxico en Vilagarcía

    cogumeloscopy.jpgVILAGARCÍA> Como cada ano por estas datas, a Agrupación Micolóxica A Cantarela organiza unha ampla programación dedicada ós cogomelos.

    {flowplayer}images/salnes/OUTONO_MICOLOXICO_2011.flv{/flowplayer}

    Esta fin de semana arrancou unha nova edición do Outono Micolóxico. Trátase dunha ampla programación de actividades organizada pola Agrupación Micolóxica de Vilagarcía, A Cantarela. Neste marco, o Auditorio vilagarcián acolle unha exposición de 49 especies de setas, xunto a outra de debuxos e fotografías.

    Desde onte e ata o vindeiro 19 de novembro, todo aquel que o desexe pode achegarse ata o Auditorio e gozar desta exposición composta por setas naturais, paneis, libros e os exemplares que participan no concurso de debuxos e no de fotografía. Ademais, ó longo desta semana, celebrarán diferentes charlas e conferencias informativas.

    Expandila cultura micolóxica e cambialo concepto que temos sobre as setas son os obxectivos polos que naceu cada ano A Cantarela organiza este Outono Micolóxico.

    Pero este ano, a falta de chuvias e as altas temperaturas provocaron que na exposición só poidamos atopar 49 especies diferentes cando ó habitual era identificar ó redor de duascentas.

    No marco do Outono Micolóxico tamén se celebrará a vixésima edición da Festa dos Cogumelos, un concurso de cociña, a novena exposición de cestas do outono e o terceiro concurso de escaparates.

    Redacción Salnés