Luis del Olmo será pregoeiro no Carme dos Pincheiros

    POBRA> As festas, na honra á Virxe do Carme dos Pincheiros, desenvolveranse do 15 ó 18 de agosto.

    O próximo venres, día 15, darán comezo as esperadas festas da Pobra do Caramiñal con alboradas de gaitas e coa actuación da banda de música de Arcade para ir quentando motores. Xigantes e cabezudos teñen a súa quenda a partires das 20.00 e ás 21.30 un prestixioso xornalista dará por inaugurada unha nova edición das festas. A novidade máis destacada deste ano é a ampliación de horario dos San Xuerguíns, grazas ó empeño dun grupo de mozos da Pobra e da comisión de festas. Os xogos populares comezarán pola tarde, na praza Alcalde Segundo Durán, e serán o principio dunha longa xornada. A tradicional procesión do domingo, situará este día como o máis importante das festas. Novamente estará presente a banda militar da Brilat. Terminará o percorrido cunha homenaxe ós mariñeiros falecidos.