![]()
PORTONOVO> Así o declarou esta mañá na primeira sesión do xuízo no que se lle acusa dun delito continuado de malversación de caudais públicos.
{flowplayer}images/salnes/XUIZO_EXSECRETARIO_CONFRARIA_PORTONOVO.flv{/flowplayer}
Esta mañá arrancou o xuízo contra o ex secretario da Confraría de Pescadores de Portonovo, Joaquín Domínguez Bea, ó que se lle acusa dun delito continuado de malversación de caudais públicos por importe de case cento setenta mil euros.
Tal e coma recolle o escrito de acusación a presunta malversación produciuse entre o 2000 e o 2004. Entre os feitos polos que se lle acusa atópase a apropiación de cartos procedentes duns viaxes, que presuntamente non se realizaron, de gastos da Confraría que non chegaron a efectuarse e de subvencións que nunca se ingresaron nas contas do pósito. Pola súa banda, Joaquín Domínguez Bea negou a acusación e confesou que se sentiu vítima dunha encerrona.
E engadiu que o 90% dos ingresos da Confraría procedían da lonxa e que esas cantidades non pasaban polas súas mans. Ante calquera dúbida, explicou, as contas sempre eran aprobadas cada mes polos membros do cabildo.
A primeira testemuña en prestar declaración foi o patrón maior, José Antonio Gómez. Este asegurou non ter ningunha dúbida de que Joaquín Domínguez se apropiou deses cartos. Antes do inicio do xuízo confesou que o único que desexan é que o proceso remate xa.
Mañá rematará o xuízo e despois haberá que esperar á valoración do xurado popular. A Fiscalía pide para o acusado catro anos de prisión, oito de inhabilitación absoluta e a devolución do diñeiro. Pola súa banda, a acusación particular pide a pena máxima, seis anos de cárcere.
Redacción Salnés









