O Día Europeo do Enoturismo tamén se celebra nas Rías Baixas

    dia_enoturismocopy.jpgPONTEVEDRA> Para a ocasión, a Ruta do Viño Rías Baixas organizou un amplo programa de actividades para os amantes dos viños.

    {flowplayer}images/salnes/PROGRAMA_DIA_ENOTURISMO.flv{/flowplayer}

    Esta mañá, o Pazo de Mugartegui acolleu a presentación do programa de actividades deseñado pola Ruta do Viño Rías Baixas co gallo da celebración do Día Europeo do Enoturismo.

    Esta iniciativa, que se celebrará o vindeiro domingo día 13, está impulsada pola Rede Europea das Cidades do Viño. O seu obxectivo principal, tal e coma explicou o Presidente da Ruta do Viño Rías Baixas, José Ramón Meiriño, é difundilo turismo do viño de maneira simultánea en tódolos países europeos. Espírito ó que se uniu a Ruta dos nosos caldos.

    En canto ás actividades, a adega Pazo Baión celebrará o sábado unhas xornadas de portas abertas. Martín Códax e Lagar de Besada farán o mesmo pero o propio domingo. Ademais, o restaurante Lagar de Eiras ofrecerá descontos na súa carta de viños e o hotel-restaurante Quinta de San Amaro ofrecerá un cóctel en colaboración coa adega Paco e Lola.

    Así mesmo, a Ruta organizou para o domingo unha xornada especial na que poderán participar vinte persoas. Consistirá nunha visita ó Pazo de Mugartegui, unha visita á adega Don Olegario e Martín Códax. Por último terá unha degustación no hotel-restaurante Quinta de San Amaro.

    Redacción Salnés