Porto do Son acollerá este sábado unha velada de boxeo con 11 combates

PORTO DO SON> Porto do Son acollerá este sábado a súa primeira velada de boxeo. Dará comezo a partir das nove no pavillón Santa Irene. Entre os competidores que tomarán parte nos 11 combates destaca o actual campión galego, Silvestre Gómez, que porá en xogo o seu título.

A pesar da gran afección ó boxeo existente en Porto Do Son, este concello non celebrara ata o de agora ningunha velada deste deporte. é por iso, que o club noiés SKT decidiu organizar nesta vila o campionato galego neoprofesional 5×3.

En total disputaranse 11 combates, coa presenza do actual campión galego Silvetsre Gómez que medirá forzas ante o aspirante Ángel Álvarez.

As entradas xa están á venda nos bares o Axexo e Acuario de Porto do Son, así como na Cafetería Perla e a Taberna do Lelo en Noia.