Un grupo de alumnos franceses coñecen a Galicia mariñeira

    alumnos_piscifatoriacopy.jpgCAMBADOS> Case 50 rapaces coñeceron o traballo nesta vila mariñeira. Son alumnos de intercambio que pasarán uns días no país aprendendo castelán.

    {flowplayer}images/salnes/AlumnosPiscifactoriaTragove.flv{/flowplayer}

    Baixo o nome “O mundo en feminino en Galicia e Bretaña”, estes alumnos visitaron Cambados e a súa visita centrouse no aspecto mariñeiro da vila. Foron preto de cincuenta rapaces duns 14 anos que ó longo de toda a mañá viviron o mar dende distintas perspectivas.

    Saíron a navegar a bordo do Chasula, coñeceron o traballo nunha piscifactoría de rodaballo e mesmo mariscaron coas mulleres da Asociación de mariscadoras a pé. E é que este ano a iniciativa centrouse nas mulleres do mar. Póñena en marcha o Chasula e a Asociación Guimatur.

    Así é que esta iniciativa continúa dentro do marco da valorización do traballo da muller no mundo mariño. E é que aínda que tamén se fai un roteiro en barco, se visitan as bateas ou se explica o sistema de traballo nunha piscifactoría o que ten máis éxito é o marisqueo.

    Sen esquecer a importancia destas iniciativas para dar a coñecer Cambados e os seus atractivos turísticos.

    Redacción Salnés